O IES Leixa comeza o curso compartindo sorrisos

  • Dende o  Proxecto Ven, Móvete celebra o Día internacional do sorriso e continúa contribuíndo ao compromiso do instituto coa promoción da saúde.

A conmemoración do Día internacional do sorriso contou coa participación de toda a comunidade educativa que integra o IES Leixa.

O profesorado propuxo crear espazos de interacción social para mellorar o benestar, o sentimento de pertenza ao grupo, as relacións interpersoais e as sinerxías de colaboración na comunidade educativa como facilitadores do proceso ensino-aprendizaxe.

Co propósito de difundir os beneficios do sorriso e a saúde bucodental, o alumnado elaborou materiais como carteis, marcapáxinas e pegatinas. Todos os asistentes protagonizaron unha sesión fotográfica diante dos paneis deseñados para o evento.

Sigue leyendo “O IES Leixa comeza o curso compartindo sorrisos”

Anuncios

O IES Leixa preséntavos o Flash-MOBete!

Toda a comunidade de estudantes e o profesorado do IES Leixa contribuíu a crear o vídeo musical que versiona a canción “Girasoles” de Rozalén, coa interpretación dos bailes, a produción audiovisual e a posta en forma da escenografía que amosa un percorrido polas instalacións do instituto de ensino secundario no que se imparten dúas modalidades científica e humanidades de bacharelato e ciclos formativos de tres familias profesionais,  Sanitaria, Servizos Socioculturais e á Comunidade e Artes Gráficas, como podedes ver neste enlace ao Flash-MOBete.

Cómo participar en actividades de voluntariado

IMAG2058O alumnado do IES Leixa asistiu a unha conferencia sobre as actividades de voluntariado, no salón de actos do instituto.

Con esta actividade de difusión e posta en común, o departamento de orientación cumpriu os seguintes obxectivos:

  • Valorar  o voluntariado como unha estratexia de realización persoal e  social.
  • Reforzar  o compromiso cívico do alumnado a través de tarefas de voluntariado.
  • Interiorizar a necesidade de participar en actividades de voluntariado para acadar unha sociedade máis igualitaria.

IMAG2057(1).jpg

Entre outros aspectos, tratáronse varias dimensións da vida voluntaria que poden interesar aos estudantes: as asociacións de voluntariado na zona de Ferrolterra, os requisitos para os voluntarios, as actividades de voluntariado e os proxectos de cooperación coa Universidade da Coruña e o Campus de Ferrol.

 

 

Charla preventiva sobre adiccións e consumo de drogas sociais

charla drogadiccion.jpg

Cos obxectivos de previr conductas de risco e coñecer as consecuencias do consumo das drogas, o IES Leixa acolleu una charla divulgativa orientada aos alumnos de bacharelato e todas as familias de ciclos formativos.

Dous visitantes explicaron a través das súas experiencias persoais cómo son os patróns de comportamento das conductas adictivas, cómo se desenvolven as fases das adiccións e a función das institucións que poden axudar á prevención da drogadicción, á desintoxicación e á reinserción social.

Esta actividade deu pé á reflexión e unha forte identificación coa situación que relataban entre o alumnado.

 

Coñecendo o servizo de EMERXENCIAS 112

Fotos traballo 112_1O día 31 de Maio de 2018 levouse a cabo cos alumnos do ciclo medio de Emerxencias Sanitarias dende o módulo de “Teleemerxencias” unha actividade de estudo do sistema de emerxencias integrado 112.

Fotos traballo 112_4

Para esta actividade traballáronse as unidades didácticas 1 e 3 da programación do módulo de Teleemerxencias. Da primeira os contidos referidos ao funcionamento dos centros coordinadores de urxencias e emerxencias, as situación que resolve e as axudas e servizos que ofrece. Da terceira unidade, traballouse cómo se xestiona a demanda de axuda, para poder amosar qué información precisa a central para dar resposta a demanda que plantexan os usuarios.

Fotos traballo 112_3

A actividade dividiuse en tres partes ben diferenciadas:

  1. Investigación por parte dos alumnos empregando internet na procura de información relevante do tema e visitando o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, na Estrada, na procura de información recente e actualizada sobre os servizos que presta ante determinada situación.
  2. Elaborouse unha presentación na que se explicaba en qué consiste o servizo do 112, qué servizos nos pode ofrecer en casos de urxencia e emerxencia así como información noutras situación de risco. Tamén se indicaron aplicacións móbiles de utilidade en diferentes situacións nas que se presente algún risco.
  3. Exposición. Tamén se realizou unha presentación no salón de actos do centro IES Leixa para os alumnos de outros ciclos (Farmacia). Asemade sometéronse a un amplo turno de preguntas e dúbidas. A actividade rematou cunha divertida e amena charla coloquio entre todos os alumnos.

FPB de Artes gráficas percorre un roteiro fotográfico para comprender as matemáticas

IMG-20180609-WA0014.jpg

Os estudantes de 1º curso de FPB de Artes Gráficas desenvolveron unha actividade que consistíu nun roteiro matemático pola contorna do instituto, relacionando as materias de ciencias e matemáticas coa súa contorna dentro do proxecto “Vén, Móvete”.

IMG-20180611-WA0001

Sigue leyendo “FPB de Artes gráficas percorre un roteiro fotográfico para comprender as matemáticas”

A comarca de Ferrolterra esconde grandes paraísos nos que poder relaxarnos

Ares Seselle Michelle

Co lema “A comarca de Ferrolterra esconde grandes paraísos nos que poder relaxarnos”, imos buscar os nosos lugares favoritos. As posibilidades son variadas, ríos, fontes, regatos pequenos.

O obxectivo: presentar lugares nos que: atopar o equilibrio mental e corporal, coñecerse a un mesmo, descansar, desenvolver pensamentos harmonizadores, gozar, relaxarse e sentir.

Os Cerqueiros Luis Orixinal.JPG

Cada participante presentou individualmente unha fotografía cun breve comentario sobre a elección. Con esta actividade, introduciuse no módulo de Destrezas Sociais no curso 2017-2018 unha actividade relacionada co tema da natureza e o benestar.

Playa San Xurxo Laura N.jpg

Aínda que nos anos 80 do século XX apareceron as primeiras investigacións que relacionaban a paisaxe e a saúde, na actualidade apenas atopamos literatura científica sobre o tema, mais todos /as sabemos que mirar unha paisaxe pode constituír unha gran experiencia e que a miúdo necesitamos facer unha pausa na nosa vida e relaxarnos en lugares que nos transmitan paz.

San Valentín Alicia.jpgAs poucas publicacións existentes conclúen que as entornas verdes favorecen o benestar e aumentan o noso potencial de saúde. Xa estades tardando en visitalos!

A Frouxeira Alejandra